Pechan a zona de xogos de Campo Castelo uns días para renovar o perímetro

LugoXa
A zona de xogos infantís de Campo Castelo situada nas inmediacións do ecoparque que se está a culminar nesta praza será pechada desde esta tarde de forma temporal co obxectivo de acometer os traballos de mellora previstos dentro do proxecto de transformación da contorna.
Campo castelo ecoparque
15 Dec 2023

A zona de xogos infantís de Campo Castelo situada nas inmediacións do ecoparque que se está a culminar nesta praza será pechada desde esta tarde de forma temporal co obxectivo de acometer os traballos de mellora previstos dentro do proxecto de transformación da contorna. Deste xeito, o cerramento actual será modificado para que sexa moito menos invasivo adoptando unha configuración de muro revestido en madeira, que exercerá de banco para favorecer a socialización. Así mesmo, esta modificación aportará unha continuidade estética ao conxunto da praza posto que vai na liña dos traballos que se están a rematar na zona do novo ecoparque.

Ámbalas dúas instalacións quedarán a disposición da veciñanza de forma inminente, segundo sinalaron os responsables do proxecto. O investimento municipal na ampliación e renovación destas zonas infantís con materiais de orixe reciclada superou os 312.000 euros.

0.14965915679932