Pechan os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa por ventos de ata 90 quilómetros por hora

LugoXa
O Concello de Lugo pecha os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de procedencia sur e suroeste que poden deixar refachos de até 90 km por hora e que afectarán a toda a provincia.
peche_parques_lugo
2 Abr 2024

O Concello de Lugo pecha os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de procedencia sur e suroeste que poden deixar refachos de até 90 km por hora e que afectarán a toda a provincia.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento. Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

0.2268431186676