Pechan temporalmente o acceso peonil dende a rúa Montevideo ao carril das Estantigas

LugoXa
Dende a rúa Nova poderá accederse igualmente, tanto andando coma os coches que vaian aos garaxes que hai nese tramo
rua-montevideo-lugo
18 Xuño 2024

O Concello de Lugo informa que, con motivo das obras de peonalización e pavimentación da rúa Montevideo, na zona entre o IES Xoán Montes e o edificio seguinte (próximo á pequena zona verde), será preciso colocar unha valla para impedir o tránsito peonil cara o Carril das Estatigas este martes 18 e mércores 19 de xuño.

O peche só suporá non poder acceder dende Montevideo de forma peonil ao canil e atallar camiñando ata a rúa Nova. Dende a rúa Nova poderá accederse igualmente, tanto andando coma os coches que vaian aos garaxes que hai nese tramo.

0.097342967987061