Pedrafita convoca o proceso para cubrir 4 empregos de interinos

LugoXa
O Concello de Pedrafita do Cebreiro contratará, na modalidade de interinos, a catro traballadores seleccionados por concurso oposición
ribeira piquin concello
15 Xul 2022

O Concello de Pedrafita do Cebreiro fai públicas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, as bases para cubrir, con carácter de interinidade, 4 postos de traballo.

Así, o Goberno local busca a un oficial de 2ª carpinteiro, un oficial de primeira e outro de segunda conductor e un peón. Esta contratación pública faráa con cargo ao Plan de humanización do Concello.

Segundo informa o Goberno local, as solicitudes para participar no proceso selectivo presentaránse no Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro ou a través de calquera dos medios legalmente establecidos, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir deste luns, 18 de xullo. No suposto de presentarse a
instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro, será necesario adiantala por fax, no 982 367 150, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.

O procedemento de selección será o concurso - oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Pedrafita do Cebreiro

0.15611886978149