Pedrafita do Cebreiro celebra a XIX Festa dos Maiores o día 24

LugoXa
O Concello de Pedrafita do Cebreiro prepara unha nova edición das Festas do Peregrino para os vindeiros 28 e 29 de xullo.
bailar maiores baile danza
14 sep 2023

O Concello de Pedrafita do Cebreiro celebra o domingo 24 de setembro a súa xuntanza anual cos maiores do municipio, que chega a décima novena edición.

Esta cita será a partir das 13.00 horas cando comezará coa misa solemne na igrexa parroquial, e que dará paso ao xantar e ao baile amenizado por un grupo musical. Nesta comida anual calcúlase que asistirán máis de 250 persoas.

Os interesados en participar deben apuntarse nas oficinas municipais, ou chamar ao 982 367 103.

0.076495885848999