Pedrafita do Cebreiro celebrará a XXI Festa dos Maiores o 18 de outubro

LugoXa
A xornada incluirá misa, xantar e baile con música en directo
Festa-dos-maiores-Pedrafita
29 Sep 2025

O Concello de Pedrafita do Cebreiro organiza o vindeiro sábado 18 de outubro a XXI edición da Festa dos Maiores, unha cita xa tradicional que busca homenaxear ás persoas de máis idade do municipio e ofrecerlles unha xornada de convivencia.

A programación dará comezo ás 13.00 horas coa celebración da Eucaristía na igrexa parroquial de Pedrafita. A continuación, ás 13.30 horas, terá lugar un xantar de confraternidade no que participarán os asistentes.

Xa pola tarde, a partir das 15.00 horas, iniciarase o baile, que estará amenizado por un grupo musical aínda por confirmar, e que poñerá o broche festivo á celebración.

⚙ Configurar cookies
0.099805116653442