Pedrafita vístese de festa polo San Antón

LugoXa
O Concello de Pedrafita do Cebreiro celebra este luns as súas festas na honra de San Antón coa agrupación vogal Xeada e o Dúo Elixir
1Pedrafita Festas San Antonio
11 Xuño 2022

O Concello de Pedrafita do Cebreiro celebra este luns as súas festividades locais na honra de San Antón. Así, este luns, día 13, dende as 13.00 horas, Pedrafita vestirase de festa.

Logo da tradicional misa solemne, a agrupación músico-vogal Xeada amenizará a procesión. Máis tarde, na sesión vermú e pola tarde tocará o Dúo Elixir.

Dende o Goberno local, lembran, asemade, que o luns será festivo no municipio.

0.063621997833252