Pedro Felipe Pedrouzo asume a xefatura do Servizo de Contratación do Concello de Lugo

Pedro Felipe Pedrouzo Devesa tomou posesión como novo xefe do Servizo de Contratación do Concello de Lugo. O novo responsable vén de desempeñar nos últimos anos o cargo de subdirector xeral de Réxime Económico-Financieiro de Augas de Galicia, polo que achega unha sólida experiencia en xestión administrativa e financeira á súa nova función.
O alcalde, Miguel Fernández, subliñou a relevancia deste nomeamento “porque falamos dun servizo esencial, que garante o bo funcionamento da administración, a transparencia nos procedementos e a axilidade na tramitación dos proxectos que melloran a vida das veciñas e veciños de Lugo”. O rexedor trasladoulle os seus parabéns e desexoulle éxito nesta etapa, na que asumirá a dirección dun departamento cun “papel determinante para o progreso da cidade”.
No acto de toma de posesión, Pedrouzo estivo acompañado pola delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, e polo secretario municipal, Justo Díaz Rodríguez.