Pedro Felipe Pedrouzo asume a xefatura do Servizo de Contratación do Concello de Lugo

Pedro Felipe Pedrouzo Devesa tomou posesión omo novo xefe do Servizo de Contratación do Concello de Lugo, nun acto presidido polo alcalde, Miguel Fernández, e no que tamén participaron a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, e o secretario municipal, Justo Díaz Rodríguez.
O novo responsable chega ao cargo tras exercer nos últimos anos como Subdirector Xeral de Réxime Económico-Financeiro de Augas de Galicia, experiencia que agora pon ao servizo da administración local para dirixir un departamento clave na tramitación de procedementos e proxectos municipais.
O alcalde destacou a importancia deste nomeamento “porque falamos dun servizo esencial, que garante o bo funcionamento da administración, a transparencia nos procedementos e a axilidade na tramitación dos proxectos que melloran a vida das veciñas e veciños de Lugo”. Fernández transmitiulle os parabéns en nome da corporación e desexoulle acertos nunha etapa “cun papel determinante para o progreso da cidade”.