Penas de Rodas acolle un curso de trampeo para velutinas
TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Cultural Penas de Rodas fará este sábado, 2 de marzo, un obradoiro de trampeo contra as velutinas.
27 Feb 2024
A Asociación Cultural Penas de Rodas fará este sábado, 2 de marzo, un obradoiro de trampeo contra as velutinas.
Este terá lugar ás 18.00 horas no local social do colectivo e ten como obxectivo amosar como se fan as trampas para coller as raíñas destas vespas invasoras. Tamén ofrecerán axuda de onde colocalas e cando.
A velutina é actualmente unha praga que provoca o exterminio das abellas, entre outras especies, e a súa picadura causa problemas nos seres humanos. O obxectivo de realizar o trampeo nesta época do ano é impedir que a raíña atope onde realizar o niño e así evitar a reprodución desta especie.