Penas de Rodas acollerá esta fin de semana a Supercup XCO BTT

LugoXa | TerraChaXa
Dará comezo as 15:00 horas e concluirá sobre as 18:30 horas coa entrega de premios
presentacion-penas-de-rodas
20 Mar 2025

Este xoves 20 de marzo ás 11:00 horas, tivo lugar en Casas da Fortaleza de Outeiro de Rei a presentación da Supercup XCO BTT Penas de Rodas, que terá lugar este sábado 22 de marzo en Penas de Rodas.

Ao acto de presentación acudiron: Juan Carlos Núñez Nieto (presidente da Federación Galega de Ciclismo), Alberto Villar (secretario do Club Team Bike Outeiro de Rei), Marcos Gascón (presidente do Club Team Bike Outeiro de Rei), Damián Carballo (responsable Educación, Xuventude e Deportes do PP de Lugo), Edgar Doval (socio fundador de Yakart Autocaravanas, un dos patrocinadores do evento), Pilar Méndez Lombao (conselleira de deportes do concello de Outeiro de Rei) e José Pardo Lombao (alcalde).

A competición comezará este sábado 22 de marzo en Pena de Rodas con ata 250 participantes de toda Galicia, Portugal e Castela e León, o que será un récord de participación para o evento.

A Supercup XCO BTT Penas de Rodas dará comezo as 15:00 horas e concluirá sobre as 18:30 horas coa entrega de premios.

⚙ Configurar cookies
0.16893005371094