Piden a nulidade de 22 despedimentos en Europizarras

LugoXa
Comisións Obreiras presentou unha demanda de nulidade. A empresa xustifica os despedimentos en causas obxectivas económicas
8 Feb 2021

Comisións Obreiras presentou unha demanda polo despedimento colectivo de 22 traballadores da canteira que a empresa Europizarras ten no lugar de Vilarchao, na parroquia fonsagradina de Lamas de Prado. O acto de conciliación, como paso previo á vía xudicial, quedou fixado para o vindeiro 24 de febreiro.

Nas cartas remitidas aos traballadores, a empresa xustificaba os despidos en base a razóns obxectivas por causas económicas. Desde Comisións Obreiras reclamarán a nulidade dos despedimentos ao entender que se trata "dunha manobra para botar aos operarios con máis antigüidade. Despediron xente que leva entre 18 e 35 anos na empresa, para desfacerse deles cun custe menor, xa que só terían que pagarlles o tope dun salario anual se o despido fora obxectivo, pero non prescindiron dos que teñen menos de 15 anos ou contrato temporal".

De prosperar a demanda de nulidade, os traballadores terían que ser readmitidos e percibirían os salarios atrasados.

0.18996381759644