Piden á Xunta que acondicione a marquesiña do transporte público no barrio de Castelo

Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, pídelle á Xunta de Galicia que acondicione a marquesiña do transporte público no barrio de Castelo.
Penas explicou que "esta marquesiña foi instalada pola Xunta e o seu mantemento corresponde a esta administración, malia que sexa utilizada para o transporte urbano", explicou Alexandre Penas, que engadiu: "Trátase de que cada administración se faga cargo das súas responsabilidades, do mesmo xeito que o Goberno de Lugo habilita e asume o mantemento de paradas para o transporte interurbano onde é necesario".
A propia Lei 8/2013, de Estradas de Galicia, di, define como Dominio público viario ás estradas de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galicia e os terreos ocupados polos elementos funcionais destas estradas. "As marquesiñas son consideradas como un elemento funcional, polo que o seu mantemento corresponde tamén á Xunta de Galicia".
"Seguimos traballando na ampliación do mobiliario urbano, escoitando sempre as solicitudes da veciñanza e buscando a mellora da imaxe da cidade", afirmou Alexandre Penas, que engadiu: "Agardamos axilidade por parte da Xunta á hora de asumir unha intervención da súa responsabilidade, garantindo que unha zona cunha ampla densidade de poboación non perda servizos".