Pilar Bellón presenta a candidatura ao completo do BNG do Corgo
O Bloque Nacionalista Galego no Corgo deu a coñecer a candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio nun acto público no centro sociocultural, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.
Pilar Bellón deu conta das 15 persoas que integran a candidatura nacionalista, a que destacou “estas mulleres e homes cheas de ilusión e convencidas das potencialidades deste concello saen a por todas este 28 de maio, O Corgo precisa xirar de dirección cara un proxecto preparado para acadar un goberno municipal disposto a gañar todo, a contar cun concello vivo”.
Neste senso, a candidata nacionalista contou con novas incorporacións “cada día máis xente súmase ao BNG, xa que somos a única alternativa para poder avanzar; xente como Pablo Abuín, un mestre comprometido con este concello e que ten como referencia que no rural pode estar todo o que a xente moza precisa para desenvolver unha vida plena, ou Senén Díaz, un veterinario que quere ver como O Corgo se converte nun exemplo de boa xestión e de impulso da actividade agrogandeira, e de igual modo, Manuel Villanueva un horticultor que volver a sumar co BNG porque quere un concello máis xusto e dinámico”.
Ademais, Pilar Bellón destacou que a candidatura do BNG “estamos preparados para liderar o vindeiro goberno municipal, cun proxecto capaz de desenvolver un traballo positivo para a veciñanza, gañando máis benestar e sempre desde a boa xestión, o rigor, a coherencia e o traballo incansábel”.
Candidatura do BNG no Corgo:
- Pilar Bellón Candal
- Pablo Abuín Cedrón
- María Abuín Sanfiz
- María Consuelo Vázquez Castro
- Mario Outeiro Iglesias
- Sonia Rodríguez Páramo
- Senén Díaz Prado
- Héctor Vivero Álvarez
- Sandra López Álvarez
- Manuel Fernández López
- Jorge José Rodríguez Lozano
Suplentes:
- María Concepción Cruz Pallares
- José Luís Díaz López
- María do Carme Vázquez Vázquez
- Manuel Villanueva Gómez