Pintan 50 novas prazas de aparcamento en Paradai

LugoXa
Trátase dunha medida temporal destinada a paliar o peche do aparcamento gratuíto que Adif tiña á beira da estación
prazas_paradai
22 Xuño 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o edil responsable de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, supervisaron o inicio dos traballos de pintado das 50 novas prazas de aparcamento que o Concello está a executar na rúa que une Infanta Elena con Serra de Meira, entre os barrios de Paradai e As Gándaras, nas inmediacións da estación ferroviaria da cidade.

Trátase dunha medida temporal destinada a paliar o peche do aparcamento gratuíto que Adif tiña á beira da estación de tren como consecuencia do inicio dos traballos de construción da nova estación Intermodal. Para a elección desta localización, o Concello de Lugo valorou a súa proximidade á estación de tren e a súa proximidade ao centro da cidade, a súa accesibilidade así como os parámetros de seguridade viaria que proporciona a vía nas que se sitúan estes novos estacionamentos. As prazas entrarán en funcionamento ao longo da próxima semana.

0.12391304969788