Piornedo Anda organiza unha nova ruta
LugoXa
Piornedo Anda continúa coa súa programación de rutas de carácter etnográfico e realiza unha nova proposta para o día de mañá.
7 Xan 2023
Piornedo Anda continúa coa súa programación de rutas de carácter etnográfico e realiza unha nova proposta para o día de mañá.
O colectivo recorrerá a Ruta a Pena do Castro e como é habitual a saída será á 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, onde dará comezo o percorrido de unhas tres horas de duración.
As persoas interesadas en participar na actividade poden reservar praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 o 659 52 39 11.
O prezo da ruta é de 5 euros por persoas e desde Piornedo Anda recomendan o uso de pantalón largo e botas.