Piornedo Anda propón un novo roteiro para o domingo

LugoXa
O colectivo fará un percorrido de tres horas de duración e, como é habitual, coas explicacións de guías nativas sobre a vida na montaña lucense
ruta piornedo anda
22 Mar 2021

Piornedo Anda segue coa súa programación de roteiros de carácter etnográfico e fai unha nova proposta para a vindeira fin de semana. O colectivo percorrerá a 'Ruta da Moura' o domingo, día 28.

Como é habitual, a saída será ás 10.00 horas na palloza museo Casa do Sesto, desde onde se iniciará un percorrido dunhas tres horas de duración.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que contará con explicacións da man de guías nativas sobre os usos e costumes tradicionais da montaña lucense, poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 ou 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de catro euros por persoa, e desde Piornedo Anda recomendan aos participantes levar pantalón longo e botas.

piornedo anda

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1522228717804