Piornedo prepárase para unha nova edición da Festa da Panadeira

LugoXa
A asociación cultural O Teixeiro organiza unha nova edición da cita que chega a súa décimo sétima convocatoria
pandeireta
Foto recurso
8 Ago 2024

A asociación cultural O Teixeiro organiza unha nova edición da Festa da Panadeira que chega a súa décimo sétima convocatoria. Piornedo será o escenario da cita na que o baile tradicional e a música volverán a ser protagonistas o vindeiro 24 de agosto. O programa comeza ás 10.30 horas con obradoiro de bailes tradicionais da serra.

A continuación, os asistentes poderán gozar dun obradoiro de iniciación aos toques da pandeira e de sesión vermú ás 13.00 horas. O xantar será ás 14.00 horas e xa pola tarde será a quenda de tocadoras de pandeira e do baile da zona a partir das 18.00 horas. Tamén actuarán escolas, grupos e colaboradores pola noite. Pecharán a cita cunha cea.

festa_panadeira
0.11434602737427