Plataformas cidadás piden no Centro Internacional de Prensa de Galicia a anulación do proxecto Altri

LugoXa
A convocatoria foi secundada por portavoces das plataformas cidadás A Ulloa Viva, Mina de Touro Non, Veciños de Angueira do Castro e a Asociación de Albergues Privados do Camiño
oposición a Altri no Centro Internacional de Prensa de Galicia
Oposición a Altri no Centro Internacional de Prensa de Galicia
6 Xuño 2024

Organizado pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) tivo lugar no l unha rolda de prensa  contra o proxecto da fábrica de fibras téxtiles e celulosa que pretende instalar nas inmediación do Camiño de Santiago en Palas de Rei a empresa Altri, de capital portugués e con fondos públicos da Unión Europea e o apoio da Xunta de Galicia.

A convocatoria foi secundada por portavoces das plataformas cidadás A Ulloa Viva, Mina de Touro Non, Veciños de Angueira do Castro e a Asociación de Albergues Privados do Camiño de Santiago. Asemade foron lidas no acto as adhesións de 19 asociacións de Amigos do Camiño de Santiago pertencentes a Camiño Francés Federación e 8 asociacións de peregrinos do Brasil. Este encontro realizouse tendo en conta a efeméride do Día Mundial do Medio Ambiente, establecido pola ONU desde 1973 e que nesta ocasión o lema para todo o mundo é "As nosas terras: O noso futuro".

O acto comezou coa lectura por parte de Antón Pombo, recoñecido especialista do Camiño, dun manifesto da FICS contra a afectación dun proxecto dunha megacelulosa no centro do Camiño de Santiago en Galicia con incidencia nas cuncas visuais que para un valor Patrimonio de Humanidade como o Camiño de Santiago, está protexido pola Convención de Venecia. O resto das intervencións dos portavoces veciñais insistiron na degradación do medio ambiente que suporía a instalación desta fábrica así como as súas consecuencias negativas para o medio natural de vida dos habitantes da comarca da Ulloa.

0.15784001350403