Podemos Esquerda Unida anuncia un modelo de conectividade para a zona rural

LugoXa
Podemos Esquerda Unida anuncia un modelo de conectividade para a zona rural a súa visita vá parroquia de San Vicente de O Veral
podemos esquerda unida visita veral
15 Maio 2023

A candidata á Alcaldía de Lugo pola Coalición Podemos – Esquerda Unida, Chus Rodríguez, visitou á parroquia de San Vicente de O Veral, que festexaba o San Mateo nesta fin de semana.

Na súa visita ao Veral, Rodríguez aproveitou para defender o proxecto da coalición de esquerdas dun “novo modelo de cidade, que tenda pontes entre os distintos barrios e parroquiase e desfacer as fronteiras que segregan a contorna rural da urbán”.

Chus Rodríguez anunciou unha das propostas do programa da coalición para mellorar a conectividade entre o rural e o urbán, como a creación dunha rede de fibra óptica de titularidade municipal e unha rede de autobuses que conecten o rubán e o rural.

Segundo manifesta Rodríguez, “é necesario dotar ao ámbito rural de transporte público, como garantía do dereito esencial á mobilidade persoal ou ao aceso a servizos esenciais. Ademais de que é unha das medidas fundamentais para evitar a despoboación do rural”.

Neste sentido, a candidata de coalición de esquerdas propón o “deseño, estudo e posta en marcha dunha rede de transporte á zona rural cun servizo a demanda e con transbordo gratuito coa rede de autobuses urbana”.

Chus Rodríguez indica que neste plan contemplado no programa da coalición “contémplase a comunicación das parroquias, como esta na que hoxe nos atopamos, O Veral cos centros de saúde e hospitais en horarios axeitados, co centro do concello, para a relacións de xestións, trámites ou compras, cos centros educativos e culturais”.

0.20206999778748