Podemos-Esquerda Unida propón a creación dun centro para a renaturalización

LugoXa
A coalición Podemos-Esquerda Unida porpón a creación dun Centro de Investigación e Formación da renaturalización da cidade
Podemos esquerda unida
9 Maio 2023

A coalición Podemos-Esquerda Unida ven como medidas necesarias "a dotación de espazos máis verdes que servan de puntos públicos de encontro social, ademais de reducir a temperatura e evitar as illas de calor, é preciso dotar a Lugo de máis zonas de vexetación dentro da cidade, redistribuir mellor ese verde e facelo coas técnicas e persoal precisas".

Así declaran que "nun Concello de Lugo onde se tende a externalizar todos os servizos públicos, tamén o da xardinería, a nosa Coalición Podemos-Esquerda Unida, propón a creación dun Centro de Investigación e Formación da Renaturalización da Cidade".

Segundo manifesta a candidata da coalición de esquerdas, Chus Rodríguez “Para promover a investigación na renaturalización dos espazos públicos da cidade e no mantemento da infraestrutura verde, propoñemos a creación no concello de Lugo dun Centro de Investigación e Formación da Renaturalización da Cidade, que promova a innovación, a investigación, a iniciativa empresarial, a divulgación e a formación do oficio da xardinería, fomentado así a creación de emprego, e que leve asociado un xardín botánico, co obxectivo de conservar, divulgar e poñer en valor a biodiversidade vexetal”.

Rodríguez incide en que “Lugo é de por si unha cidade potencialmente verde, a nosa labor é potenciar a vexetación coa que podemos contar e facilitar, deste xeito, unha mellora na calidade de vida da veciñanza”.

A proposta da creación deste centro implica "aproveitar as sinerxias da localización do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e que poda ter una influencia máis alá do propio Concello de Lugo" conclúen dende a coalición.

0.20309209823608