Podemos – Esquerda Unida presenta o Código Ético da coalición

LugoXa
Podemos – Esquerda Unida presenta o Código Ético da Coalición, a cargo de Ximena Cheda, a nº2, e Chus Rodríguez, a candidata á Alcaldía
podemos esquerda unida lugo
14 Maio 2023

O sábado, presentaron o Código Ético da coalición Podemos-Esquerda Unida Ximena Cheda, a nº2 da mesma, e Chus Rodríguez, a candidata á Alcaldía de Lugo pola coalición de esquerdas, diante do Concello, na praza Maior.

Para a coalición de esquerdas, a rexeneración democrático e o respecto á ética forman parte da nosa esencia e, unha das moitas cuestións que nos uniron é que, para Chus Rodríguez, candidata á Alcaldía de Lugo “é que ambas formación políticas, Podemos e Esquerda Unida, coincidimos nun proxecto común e tamén nos nosos valores éticos”.

Segundo manifesta a candidata da coalición de esquerdas, Rodríguez, “calquera integrante da lista electoral da coalición Podemos – Esquerda Unida que ostente un cargo público, e toda persona que realice traballos de carácter político, técnico ou administrativo no noso grupo debe comprometerse con este, o noso, Código Ético e velar polo seu estricto cumprimento”.

Os piares fundamentais deste Código Ético son a denuncia politica da corrupción, a promoción da participación cidadá -como xa leva tempo anuncia a dita coalición-, e, segundo Cheda “a rendición de contas á asemblea común da coalición, renunciando tamén a calquera privilexio económico ou material derivado da nosa condición de representantes públicas”.
A candidata Rodríguez incide en que “a nosa seña de identidade será a defensa e a práctica da honestidade e transparencia”.

Tanto Chus Rodríguez como Ximena Cheda afirmaron que a coalición de esquerdas “promoverá a igualdade tanto na sociedade como dentro da propia coalición e loitaremos contra toda clase de racismo, xenofobia, machismo ou de exclusión por identidade de xénero ou orientación sexual.”

Segundo manifesta Rodríguez neste acto de presentación, “a ostentación dun cargo público implica o desenvolvemento do servizo público do xeito máis transparente e escrupuloso posible, a ética e a transparencia son a nosa marca”.

0.20006704330444