Podemos-Esquerda Unida propón a creación de máis zonas vexetación de árbores
Nun contexto de cambio climático global e local, as illas de calor xa deixaron de ser un problema só de determinadas cidades e, como puidemos observar en días de intensa suba das temperaturas, xa na primavera e de forma máis acusada no verán, ese problema xa chegou a Lugo.
A diferenza de temperatura máis elevada das cidades e a súa contorna rural e forestal denomínase illa de calor. Os edificios e o asfalto absorben a radiación solar e expúlsana pola noite, por iso as zonas urbanas arrefríanse máis lentamente que as rurais.
A illa de calor superficial é máis forte de día, cando as superficies das zonas expostas ao sol rexistran temperaturas superiores á do aire. En cambio, a illa de calor atmosférica ten un efecto máis notable de noite, cando os materiais liberan a calor acumulada.
Segundo manifesta a candidata da coalición de esquerdas, Chus Rodríguez, “as illas de calor provocan diferenzas de temperatura entre zonas urbáns e rurais de 1 a 7 graos, e contra iso temos que loitar con vexetación”.
A candidata Rodríguez, puntualiza que “o microclima urbán está relacionado co benestar e a saúde, a emisión de calor reduce o confort e afecta ao descanso nocturno, sobre todo das persoas maiores e dos bebés e crianzas. Para neutralizar a illa de calor, a medida máis efectiva é utilizar vexetación, verde urbán e árbores, porque regulan a temperatura e producen correntes de aire fresco”.
Ademais, segundo incide Chus Rodríguez, “renaturalizar a cidade ten outras moitas vantaxes, mellora en xeral a calidade de vida da cidadanía facéndoa máis feliz e saúdable, ao tempo que crea un contexto máis favorable para a socialización, o que produce beneficios emocionais”. As prazas de cemento, frías, afastan ás veciñas delas, son demaisado quentes no verán e inútiles cando chove, pois non hai onde resgardarse. Neste sentido, a nosa coalición Podemos – Esquerda Unida, propón a creación de máis zonas ricas en vexetación con bancadas e mesas, onde as veciñas teñen un punto de encontro social e saúdable.
ENCONTRO CON IONE BELARRA
A candidata Ximena Cheda Tuya, números dous da lista de Podemos-Esquerda Unida que encabeza Chus Rodríguez, participou nun encontro, en Ourense, con Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos e Ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, nun acto de apoio as candidaturas galegas e confluencias nas que participa Podemos. En palabras de Belarra, "por Podemos non vai a ser que non se consigan gobernos amplos de esquerdas".