Podemos Lugo insta ao Concello a "asumir os seus compromisos" coa Protectora

LugoXa
Ximena Cheda, voceira da agrupación de Podemos Lugo e cabeza de lista de Podemos Galicia por Lugo ás eleccións autonómicas, reclama ao Concello de Lugo que “asuma as súas competencias no referente as dotacións para que a Protectora de Animais e Prantas desenrole a súa actividade en condicións axeitadas”.
protectora animais lugo
11 Xan 2024

Ximena Cheda, voceira da agrupación de Podemos Lugo e cabeza de lista de Podemos Galicia por Lugo ás eleccións autonómicas, reclama ao Concello de Lugo que “asuma as súas competencias no referente as dotacións para que a Protectora de Animais e Prantas desenrole a súa actividade en condicións axeitadas”.

En 2019 presentouse un proxecto de remodelación integral das actuais instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo. Dito proxecto non se puido levar a cabo debido a que as condicións que impoñía a Confederación Hidrográfica implicaban partir en dous as instalacións e deixar 5 metros de paso a ámbalas marxes dunha corrente de auga. "Estas condicións facían imposible a tramitación de dito proxecto, xa que as instalacións quedarían sen espazo e inservibles2, explica.

Posteriormente, no 2023, presentouse por parte do Concello de Lugo un novo proxecto no que se adecuaba un antigo matadoiro municipal en Nadela. Explica que dito proxecto a día de hoxe non ten fondos asignados nos orzamentos municipais do presente ano para a súa execución, só existe unha partida para a redacción do proxecto. "Isto supón outro ano de espera mínimo para que se poida levar a licitación das obras, no suposto de que se licite o ano que ven e se asignen finalmente fondos para isto", di.

Por outra banda, segundo o propio Concello, a obra ten un prazo de execución de 18 meses. "Traducido en tempo, e sendo optimistas, en non menos de tres anos non haberá novas instalacións para a Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo, que alberga a día de hoxe a máis de douscentos animais en condicións inasumibles de benestar animal, que sóamente se ven paliadas polo enorme traballo dos voluntarios, os socios e traballadores", engade.

Ximena Cheda sinala que “a Xunta debería ser quen de protexer ós animais, pero foi desviando as súas competencias ós Concellos, que non teñen a capacidade económica necesaria para a súa xestión e, en moitos casos, nin a vontade política de asumila, como ben se deduce da actuación do Concello de Lugo”.

0.1989381313324