Poesía e memoria na Taberna Cultural A Despensa de Saa con Xulio López Valcárcel

O escritor e poeta Xulio López Valcárcel protagonizará unha nova edición do ciclo 1/2 Hora de Poesía o sábado 21 de xuño ás 19:30 horas na Taberna Cultural A Despensa de Saa.
Baixo o título Memoria dos días, formas da levidade, o autor ofrecerá unha lectura poética acompañada de reflexións sobre a súa obra e o paso do tempo, nun ambiente íntimo e literario. O acto será presentado por Manuel Vázquez.
A iniciativa, impulsada por A Despensa de Saa, busca achegar a poesía ao público nun formato breve, pero intenso, favorecendo o encontro entre creador e lector.