Pol acolle un novo acto de homenaxe ao emigrante este venres

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Como complemento á Festa ó Emigrante, que se celebra hoxe en Pol, este venres 25 farase un acto de homenaxe aos emigrantes organizado polo BNG local.
escultura emigrante
24 Aug 2023

Como complemento á Festa ó Emigrante, que se celebra hoxe en Pol, este venres 25 farase un acto de homenaxe aos emigrantes organizado polo BNG local.

Será ás 13 horas na Carballeira de Mosteiro e intervirá o voceiro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, Xosé Lois Leirós Gude. Este é un activista social, cofundador, e dende fai anos secretario e agora presidente, da Asociación Marusía.

Tamén é voceiro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados; cofundador e secretario da Promoción da Cultura Galega de Zurich e secretario da Federación de Sociedades Galegas na Suíza. Engade a súa función como membro no Consello de Residentes Ausentes de Zurich, por Coalición Galega de Suíza. Ex- xogador do Arousa e do Celta de Zurich, e curiosamente, tamén do Lugo de Zurich. Na súa vida laboral traballou emigrado no Reino Unido, Francia e Suíza entre os anos 1969 e 1994.

Na súa actividade política, dende o nacionalismo galego, foi concelleiro e responsable local en Vilagarcía de Arousa.

0.1688220500946