Pol convoca a primeira Ruta dos Fornos para poñer en valor a etnografía local

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Será o sábado e percorreranse dez quilómetros con parada en seis fornos, onde se tomarán distintos petiscos.
ruta dos fornos de pol
27 Feb 2024

Será o sábado e percorreranse dez quilómetros con parada en seis fornos, onde se tomarán distintos petiscos.

Unha ruta organizada por Roteiros de Pol e a Asociación de Mulleres Rurais Olvido percorrerá este sábado os distintos fornos de pan da localidade para poñer en valor o patrimonio etnográfico da localidad.

Para esta actividade, que leva o nome de I Ruta dos Fornos de Pol, contan co apoio da Deputación e Cociña de Ancaras e Terras de Burón.

Nesta primeira sesión, que arrancará ás 10.00 horas, percorreranse dez quilómetros con parada en seis fornos, onde se probarán diferentes especialidades. Así, sairase da Capela das Neves cara á parroquia de Suegos, con parada nos fornos de Cima de Vila, Vigo e Baílle (dous). Alí probarán empatada, carne ao forno, bola con queixo e liscos ao espeto.

Seguirán pola parroquia de Lea, onde probarán chourizo á brasa e rematarán en Cirio con brownie e biscoito de noz.

Esta ruta, con carácter gastronómico, ten un prezo de 10 euros. Haberá un autobús que sairá ás 9.30 horas da estación de tren de Lugo para os participantes que acudan desde a cidade, que terá un prezo engadido de 5 euros.

A ruta, pensada para toda a familia, constará de dez quilómetros de dificultade baixa que contará con seis paradas intermedias para coñecer os fornos e tomar un petisco. Este mércores 28 é o último día para inscribirse, a través do teléfono de información 650 130 078.

0.16640281677246