Pol inicia as xornadas sobre deporte do programa Xunt@s
TerraChaXa | LugoXa
O programa Xunt@s segue con actividades en Pol.
1 Mar 2024
O programa Xunt@s segue con actividades en Pol. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.
Así, na casa da Carballeira de Mosteiro terá lugar o martes 5 de marzo de 10:30 a 11:3o e continuarán á mesma hora, os martes e xoves. Nesta ocasión tratarse sobre a promoción do deporte.
Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade e para as que non é necesaria a inscrición previa.