Pol investiu o Fondo de Compensación nun vehículo eléctrico

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello adquiriu un vehículo eléctrico para conservación e mantemento medioambiental cunha achega do Fondo de Compensación Ambiental.
pol vehiculo electrico
17 Mar 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o Concello de Pol, co que o Goberno galego colaborou o ano pasado na adquisición dun vehículo eléctrico para conservación e mantemento medioambiental cunha achega de máis de 29.200 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Este vehículo financiado co apoio da Xunta é máis eficiente e menos contaminante, o que contribúe a reducir as emisión de dióxido de carbono e, ao mesmo tempo aforrar nos custos de mantemento.

A colaboración enmarcase no Fondo de Compensación Ambiental, que destina os ingresos derivados do canon eólico a axudas nos municipios que teñen parques de aproveitamento eólico no seu territorio e aos que presentan proxectos de recuperación ambiental. A Xunta mantén este ano o orzamento de 11 millóns de euros para esta orde de axudas, que contempla proxectos que teñan que ver coa conservación da biodiversidade, o uso de enerxías renovables, a protección do medio ambiente, a mellora de eficiencia enerxética, sistemas de aforro de auga e xestión de residuos, ademais da adquisición coma neste caso de maquinaria ou a contratación de persoal para levar a cabo estas iniciativas.

Entre os proxectos apoiados pola Administración autonómica no Concello de Pol o ano pasado destaca tamén a instalación de cuberta da pista de pádel municipal para poder realizar esta actividade tamén nos meses de inverno, que contou cunha axuda de case 30.000 euros da Orde de infraestruturas de uso público.

O investimento do Goberno galego no municipio nos últimos anos supera os 419.000 euros para renovar e acondicionar distintas infraestruturas destinadas a servizos municipais ou con melloras ambientais relacionadas co abastecemento de auga ou a compra de nova maquinaria para traballos de conservación e mantemento do medio ambiente.

0.18399095535278