Pol prepárase para celebrar o día 25 o seu xantar dirixido á terceira idade

O Concello de Pol celebrará o sábado 25 de abril a súa comida anual da Terceira Idade, que nesta ocasión chega á XXX edición.
Os actos darán comezo ás 13.30 horas cunha misa xusto antes do xantar. Ámbalas dúas actividades terá lugar no pavillón polideportivo municipal de Mosteiro.
Os interesados en sumarse a esta celebración deberán confirmar asistencia antes do 21 de abril nas oficinas municipais ou a través dos números de teléfono 982 345 029 e 982 345 038.