Polémica polo desvío do tráfico a través da Rúa Nova durante as obras de peonalización do centro
O Concello desviará o tráfico a través da Rúa Nova durante o periodo que duren as obras de peonalización do centro, unha decisión polémica sobre a que se manifestaron diferentes colectivos da cidade. O primeiro a asociación Lugo Monumental que pide que se reformule a obra de peonalización que se vai a levar a cabo no centro "para modificar as dúas fases que xa se van a facer, usando alternativamente Montevideo e Bolaño Rivadeneira nunha fase e San Fernando como dobre dirección na outra para acceder ao centro sen prexudicar á zona nin poñer en perigo peóns e negocios".
Dende a asociación consideran que "a porta de Rúa Nova é demasiado estreita como para garantir o paso de todo o tránsito rodado desa zona do centro histórico con seguridade para os peóns ao non poder separarse ambos os tráficos" e engaden que "os veciños e comercios da zona veranse seriamente prexudicados por esta acción" e ademais, a asociación considera "unha verdadeira temeridade desviar todo este tráfico por unha rúa peonil como é Rúa Nova, na que non hai beirarrúas nin espazo suficiente como para garantir a seguridade dos usuarios"
A proposta de Lugo Monumental sería "reformular os traballos para acceder á zona de forma segura por Montevideo e Bolaño Rivadeneira nunha fase e por San Fernando na outra" Así durante a primeira fase a asociación considera que "se debería de realizar a execución dos traballos da zona de Praza Ferrol e San Fernando e acceder ao centro por Montevideo e Bolaño Rivadeneira, que teñen anchura suficiente como para facer dous carrís, un de subida e outro de baixada".
Para unha segunda fase a asociación propón "xusto a inversa". "Traballaríase en Montevideo e Bolaño Rivadeneira mentres se accedería ao centro histórico por San Fernando, que se convertería en dobre dirección de entrada e saída, solucionando a ligazón coa Rolda e avenida da Coruña mediante unha rotonda provisional, que a asociación xa propuxo desde o principio converter en definitiva".
Unido ás declaracións de Lugo Monumental a portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, solicitou unha reunión a Lara Méndez, para presentarlle tamén unha alternativa ao plan de tráfico do centro, que tería lugar durante as obras de peonalización das rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e a Praza do Ferrol, que se prevé que duren dez meses.
"Segundo a formulación do Goberno Local o tráfico rodado da cidade vai desviar polo primeiro tramo da Rúa Nova despois de 24 anos sendo peonil. Sendo esta unha vía estreita e con gran afluencia de peóns. O feito de que haxa unha alternativa perfectamente válida, como é a creación dunha rotonda na porta de San Fernando demostra, unha vez máis a improvisación do Goberno Local" afirma Louzao.
A proposta de Ciudadanos é igual a da asociación Lugo Monumental e así a portavoz da agrupación laranxa delcara que "nós ímoslle a propoñer á alcaldesa que se realicen estas obras en dúas fases, utilizando nunha primeira etapa as rúas de Montevideo e Bolaño Rivadeneira, converténdoa en rúas de subida e de baixada e, na segunda fase converter San Fernando nunha rúa de dobre dirección e desviar o tráfico por aquí. Ao ser unha vía que xa conta con dous carrís será moito máis sinxelo conseguir que teña dous sentidos de circulación, e achegará maior seguridade viaria. O que non podemos aceptar é o uso da Rúa Nova: é unha rúa moi estreita pola que estarían a circular os buses urbanos que conectan co Hospital Quirón, os coches dos veciños, camións de repartición para o supermercado e a praza, ambulancias… vai converter nun auténtico desastre".
A portavoz de Ciudadanos engade que "volvemos ver a improvisación deste Goberno, creando unha formulación equivocada e sen meditación. Ante o medo para perder os fondos europeos, o Goberno Local precipítase unha vez máis, sen pensar nas consecuencias das súas accións. Isto ocorre por non estudar cando se debe, e cando a data límite aperta xa non hai tempo de expor un plan que moleste o mínimo posible aos cidadáns. A tónica do próximos dez meses será de atascos e problemas de circulación, que sufrirán os empresarios e veciños desta zona da cidade" apunta a concelleira.
A coalición Podemos Esquerda Unida tamén se posicionou ao respecto e a candidata da coalición de esquerdas, Chus Rodríguez, insiste en que "se fixo de costas á cidadanía". “Por moitas xuntanzas que a Alcaldesa ou en quen delegue, manteña coas veciñas e comerciantes do casco histórico, sempre acaba propondo o que lle parece, facendo oídos xordos ás múltiples propostas que se llefan desde a veciñanza”.
Neste sentido, Rodríguez apunta “a perigosidade desta medida para os peóns e tamén para os coches, que poden circular moi preto das casa e das terrazas que seguen instaladas alí por moitos establecementos, ademais do deterioro que pode supor para a propia rúa e a Porta Nova da Muralla, Patrimonio da Humanidade”.
Desde Podemos Esquerda Unida, segundo apunta Rodríguez “apostamos, como solución menos daniña, rematar primeiro a peonalización da Rúa Montevideo e desviar o tráfico provisionalmente por San Fernando en doble dirección, en lugar da Rúa Nova, con moita maior afluencia de peóns e tránsito. Neste sentido, a proposta que se fai por parte de Lugo Monumental ten que ser transitoria, sendo a rotonda exclusivamente provisional, dada a incompatibilidade da mesma coa peonalización prevista”.
Chus Rodríguez incide na necesidade de “dar voz real e escoita activa ás persoas afectadas polas medidas que adopta o Concello, algo que sempre fai a posteriori e cando xa empezan a traballar as piquetas”.
Dende o Concello de Lugo declaran que "convida a enviar as suxestións a corazonverdelugo@gmail.com, o correo electrónico habilitado ao efecto e que xa se comunicou tanto á veciñanza como ao tecido comercial, para que acheguen a través del as súas suxestións ou trasladen as súas dúbidas sobre o operativo previsto".
E engaden que se estudarán as propostas dende un criterio técnico para valorar a súa viabilidade, tratando de conciliar as necesidades da poboación e do tecido económico coas limitacións e condicionantes de acceso aos que obrigan os traballos a realizar.