Polvorín incorpora novas caras e descansa na súa primeira xornada
O Polvorín buscará este ano o ascenso que se lles escapou a pasada campaña polo que continuará un ano máis en Terceira. Para iso, optouse por conservar a gran parte da plantilla, agás xogadores como Iago Novo, Escobar, Morais e Quindimil, el porteiro Ángel e o lateral Asier, que causan baixa, ao igual que Christian que este ano xogará cedido a La Nuncia.
Álex Ortiz seguirá liderando o conxunto dende a banda e con man de ferro, cun equipo formado por Marcos Bello, Manu Miranda e Fernando Currás.
O conxunto contará con Julen Fernández baixo paus e Dani Vidal, Nico Manteiga, Carlos Torrado e Gabarre no medio, todos eles vellos coñecidos e pezas clave no xogo. Tamén seguirán Expósito, Guitián, Fidalgo, Cristian e Jesús.
A eles únense caras novas como a de Antonetti, que sobe do xuvenil, o estadounidense Julio Lasende o Álex Ramos.
Do grupo, nove xogadores adestran xa co primeiro equipo como Julen, Torrado, Luis Castro, Nico, Matías Vesprini, Dani Vidal, Fernández, Cristian e Antonetti.
O conxunto lugués non iniciou esta fin de semana a Liga xa que tiña xornada de descanso, debutará polo tanto na Cheda a próxima fin de semana co Choco como rival.