Poñen en marcha a terceira edición do campamento de verán en Baleira

LugoXa
Terá lugar en horario de 8.30 a 14.30 horas no colexio e na piscina e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos
madrugadores-nenos-xogando
Foto de arquivo
18 Xuño 2024

A ANPA do colexio público do Cádavo organiza a terceira edición do campamento de verán coa colaboración do Concello de Baleira. Terá lugar do 1 ao 31 de xullo de 8.30 a 14.30 horas no colexio e na piscina e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos.

O prazo de inscrición remata este venres 21 de xuño.  A documentación enviarase ao seguinte enderezo anpa.colexiocadavo@gmail.com. Os interesados poden pedir máis información no 650 078 653 e no 608 558 812.

0.18790006637573