Poñen en marcha en Becerreá unha ruta pola Reserva da Biosfera

LugoXa
Forma parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera
reserva_biosfera_actividades
19 Ago 2024

Poñen en marcha en Becerreá unha ruta pola Reserva da Biosfera como parte do programa do terceiro trimestre da Deputación de Lugo organizado nos tres concellos da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses. A iniciativa será o 7 de setembro de 10.00 a 14.00 horas con saída na praza do Concello.

É para todos os públicos e ofértanse 20 prazas. Todas as actividades son gratuítas e teñen aforo limitado, polo cal é preciso reservar praza a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou nos teléfonos 982 227 812/813, nos que tamén poderán recibir máis información sobre a programación.

0.18810486793518