Poñen en marcha na Fonsagrada un obradoiro de cultivos de inverno
LugoXa
A proposta será do lunes 23 ao venres 27 en horario de 16.00 a 20.00 horas no comedor da Escola Fogar
Imaxe recurso
24 Ago 2024
O Concello da Fonsagrada e a Deputación de Lugo continúan a dinamizar a oferta de iniciativas no municipio. Esta vez poñen en marcha un obradoiro de cultivos de inverno que se desenvolverá no mes de setembro. A proposta será do lunes 23 ao venres 27 en horario de 16.00 a 20.00 horas no comedor da Escola Fogar.
Os participantes aprenderán máis sobre a súa parcela, recollida de mostras de solo, o laboreo, a rega, a rotación de cultivos, a influencia da lúa, os semilleiros e sementes, pragas e tratamentos fitosanitarios ecolóxicos e máis coñecementos sobre horta. É de balde pero as prazas son limitadas polo que os interesados deben anotarse a través da web.