Poñen en marcha un novo programa de formación anual con cursos gratuítos en xoiería, coiro e tecido

LugoXa
O prazo de solicitude estará aberto ata o 20 de febreiro ás 15.00 horas
coiro-e-artesanía-Lugo
10 Feb 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía e Deseño, pon en marcha un novo programa de formación anual con cursos gratuítos en xoiería, coiro e tecido, que se impartirán no primeiro semestre do ano no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD). O prazo de solicitude estará aberto ata o 20 de febreiro ás 15.00 horas.

Os cursos dispoñibles son:

Fusión creativa. Explorando metal e cerámica no deseño de xoias: Introducirá ao alumnado na creación de pezas combinando metal e cerámica. Desenvolverase do 24 de febreiro ao 27 de marzo, de 16:30 a 20:20 horas.

Elaboración de complementos de coiro: Ofrecerá formación sobre ferramentas, materiais e técnicas de corte, deseño e acabado de pezas en coiro. Terá lugar do 24 de febreiro ao 20 de marzo, de 10:00 a 13:30 horas.

Tear de baixo lizo: Curso orientado a ensinar nocións e técnicas sobre o tecido no tear, explorando diferentes métodos de traballo. Impartirase do 21 de marzo ao 30 de maio, en horario de 16:30 a 20:30 horas.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir o formulario de solicitude dispoñible na páxina web da Deputación de Lugo e envialo ao correo info.centrad@deputacionlugo.org.

0.17214703559875