Poñen en marcha unha nova edición do Maratón Fútbol Sala San Vitorio en Baralla
LugoXa
Introdúcense novos cambios nas inscricións e no reparto de premios, buscando unha mellor competividade na fase final.
14 Xul 2024
Organizan o XXVIII Maratón San Vitorio Baralla 2024. A cita será os días 9, 10 e 11 de agosto no concello. Este ano introdúcense novos cambios nas inscricións e no reparto de premios, buscando unha mellor competividade na fase final.
O día 9 comezarán dende pola mañá co torneo Sub 16 no Polideportivo Municipal onde se disputaran todos os partidos ata o comezo dos primeiros da fase Senior. Os interesados poden facer as súas inscricións a través do WhattsApp no 604 021 944 ou da conta de Instagram. Informarase do día do sorteo de grupos aos capitáns dos equipos.