Poñen en valor as dúas casas do maior do Concello de Baralla

LugoXa
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou a importancia deste tipo de recursos
visita-casa-maior-Baralla-Xunta
27 Feb 2025

Poñen en valor as dúas casas do maior do Concello de Baralla, que ofrecen un servizo gratuíto de atención a unha decena de persoas maiores da localidade.

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou a importancia deste tipo de recursos para garantir unha mellor atención e coidado dos maiores que viven en zonas despoboadas. Subliñou ademais que este proxecto forma parte da estratexia da Xunta de Galicia para fomentar o envellecemento activo e o benestar da poboación da terceira idade.

O director xeral tamén incidiu en que estes servizos públicos e gratuítospromoven a conciliación familiar nos concellos rurais, onde a oferta doutros recursos de apoio é limitada.

Ademais, recordou que na actualidade Galicia conta con máis de 140 casas do maior en funcionamento, o que reforza o compromiso da Xunta coa atención e coidado da poboación envellecente no rural galego.

⚙ Configurar cookies
0.15300989151001