Portomarín acolle a I Ruta QDD Crawler e Trial
O Concello de Portomarín acollerá a primeira ruta QDD Crawler e Trial o vindeiro 29 de maio. A ruta dará comezo ás 09.30 horas nun café onde ademais do avituallamento daráselle aos participantes o briefing de seguridade e as normas.
Será ás 11.00 cando arranque a ruta de Zamolle. Para ela, recomendan levar mochila da casa para cargar as bebidas que dea a organización así como unha gorra e un chuvasqueiro. Ás 14.00 horas será o turno do xantar, todos xuntos. Despois de comer haberá circuitos escala trial e un sorteo de regalos.
Ademais da comida, a inscrición á ruta inclúe a visita, ás 17.30 horas ao Museo de Automoción en Miniatura que conta con máis de 1.000 vehículos en escala 1:43.
As inscricións poderanse facer antes do venres 27 de maio no 627 124 468.