Portomarín acolle a primeira regata provincial da tempada

LugoXa
A primeira regata da Liga Provincial de Piragüismo, organizada pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa Deputación e a Xunta.
Campeonato Piragüismo corte
20 Maio 2022

Portomarín acollerá esta fin de semana a primeira regata da Liga Provincial de Piragüismo, organizada coa colaboración da área de Deportes da Deputación, a Xunta de Galicia e o Xacobeo.

Canoas e piraguas encherán o Miño ao seu paso por Portomarín, dende as 11 da mañá; nunha proba que será a primeira dunha serie de seis que se disputarán no que queda de ano, en diversas localizacións da provincia.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piraguismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas. Un aliciente fundamental para a continuidade na práctica deste deporte e, polo tanto, a consolidación de equipos de base.

Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeneran as probas, que reúnen unha media de 200 palistas, se distribúa por toda a provincia.

0.16952586174011