Portomarín acolle unha sesión informativa sobre o uso da aplicación Sergas Móbil

O vindeiro luns 17 de febreiro, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) impartirá en Portomarín unha sesión informativa sobre o uso da aplicación Sergas Móbil.
Durante a xornada, ensinarase ás asistentes como solicitar citas médicas, realizar chamadas ao 061 e outras funcións clave da aplicación.
Esta sesión está dirixida especificamente a mulleres con discapacidade e terá lugar ás 12.00 horas no Pazo Xeral Paredes de Portomarín. A participación é de balde.
As interesadas en obter máis información ou en inscribirse poden dirixirse aos servizos sociais municipais.