Portomarín acollerá en xaneiro un curso gratuíto de iniciación ao mundo dixital

LugoXa
O Concello e a Fundación Cibervoluntarios colaboran nesta formación presencial con prazas limitadas
Concello-de-Portomarín
17 Dec 2025

O Concello de Portomarín e a Fundación Cibervoluntarios veñen de pechar un acordo para a posta en marcha do curso “Iniciación ao mundo dixital”, unha formación presencial e gratuíta dirixida a achegar a veciñanza ás competencias básicas no uso das novas tecnoloxías. A iniciativa desenvolverase os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro de 2026, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O curso está orientado a persoas que desexen iniciarse no uso de internet, coñecer os servizos da administración electrónica e aprender a empregar de maneira adecuada as ferramentas tecnolóxicas no día a día. As sesións impartiranse na Aula Informática do Espazo Xuvenil de Portomarín e contarán cun número máximo de 16 prazas.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 5 de xaneiro chamando ao teléfono 621 197 440. Desde o Concello destacan a importancia deste tipo de accións formativas para reducir a fenda dixital e facilitar o acceso da cidadanía aos servizos e recursos en liña.

⚙ Configurar cookies
0.093576192855835