Portomarín acollerá un curso sobre prevención de condutas adictivas en menores

LugoXa
A actividade terá lugar o próximo 13 de maio, en horario de 15:00 a 21:00 horas, no Pazo Xeral Paredes
Pazo-Xeral-Paredes-Portomarín
4 May 2025

Portomarín será o escenario do primeiro curso do ano 2025 organizado por AFAMMER Lugo, centrado na prevención e detección de condutas adictivas en menores. A actividade terá lugar o próximo 13 de maio, en horario de 15:00 a 21:00 horas, no Pazo Xeral Paredes.

Esta iniciativa forma parte do Plan Corresponsables e está financiada polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está acreditado polo Grupo Forma-t e conta coa colaboración de AFAMMER Lugo e o Concello de Portomarín. Está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en adquirir ferramentas e coñecementos para identificar e previr condutas adictivas entre a poboación infantil e xuvenil.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 621 197 440. AFAMMER Lugo anima a participar nesta oportunidade formativa e a contribuír a unha sociedade máis informada e preparada fronte ás adiccións na mocidade.

⚙ Configurar cookies
0.17330694198608