Portomarín busca persoal para traballar en axuda a domicilio
LugoXa
O Concello de Portomarín precisa persoal para traballar en axuda a domicilio no período vacacional ou calquera outro tipo de necesidade das actuais traballadoras deste sector.
imaxe de arquivo
24 Xuño 2024
O Concello de Portomarín precisa persoal para traballar en axuda a domicilio no período vacacional ou calquera outro tipo de necesidade das actuais traballadoras deste sector. Os interesados poden chamar ao 682 633 936 e solicitar máis información nos servizos sociais municipais.
Con este servizo preténdese xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora, de toda a poboación do concello, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar.