Portomarín celebra o 4 de abril a XIV degustación da anguía

LugoXa
A cita gastronómica incluirá a elaboración tradicional con fabas e ameixas e actividades festivas na Praza do Camiño
Praza-do-Camiño-Portomarín
17 Mar 2026

O municipio de Portomarín acollerá o sábado 4 de abril a XIV edición da Degustación da Anguía, unha xornada gastronómica que combinará tradición culinaria, ambiente festivo e diferentes propostas para o público asistente.

A actividade dará comezo ás 15.00 horas e contará cunha carpa instalada na Praza do Camiño, onde se desenvolverá a sesión vermú antes de dar paso á degustación.

Como novidade nesta edición, instalarase un posto específico no que se servirá o prato protagonista da xornada, elaborado con anguía, fabas e ameixas, unha preparación que combina produtos tradicionais da gastronomía galega.

Ademais desta proposta culinaria, a organización tamén ofrecerá outras opcións gastronómicas para quen o desexe, como polbo e churrasco. As persoas interesadas poderán reservar mesa chamando ao teléfono 621.197.440.

Os tickets para participar na degustación da anguía xa están á venda no Concello de Portomarín cun prezo de 5 euros.

0.13057518005371