Portomarín celebra o Entroido 2025 con música, disfraces e premios

LugoXa
O evento contará con premios para os participantes máis creativos e orixinais
entroido_portomarin
27 Feb 2025

O municipio de Portomarín prepárase para vivir unha xornada festiva o martes 4 de marzo co seu tan esperado Entroido.

A programación comezará ás 16.30 horas cunha sesión de música a cargo de Dj Nico Vázquez, que se encargará de poñer o ritmo á tarde e dar paso ao ambiente festivo propio desta celebración.

Ás 17.00 horas, terá lugar o Concurso e desfile de disfraces, unha das actividades máis populares entre os veciños e veciñas, que se animan a amosar a súa orixinalidade e creatividade cos seus disfraces. A cita tamén está aberta a todos os visitantes que se acheguen ao municipio para gozar dunha tarde de festa.

A xornada rematará ás 19:00 horas coa entrega de premios, onde se recoñecerán os mellores disfraces nas distintas categorías. O evento contará con premios para os participantes máis creativos e orixinais.

⚙ Configurar cookies
0.035394906997681