Portomarín celebra unha nova edición da Carreira Popular Festa da Augardente en marzo

LugoXa
O concello de Portomarín prepárase para celebrar unha nova edición da súa Carreira Popular Festa da Augardente.
carreira_festa_da_augardente_portomarin
14 Mar 2024

O concello de Portomarín prepárase para celebrar unha nova edición da súa Carreira Popular Festa da Augardente. A cita, que cumpre a súa oitava edición, terá lugar o vindeiro domingo 31 de marzo. A carreira A carón do río, que xa conta cuns setenta inscritos, consta dun percorrido duns 7 quilómetros e 300 metros a través dos que se poderá descubrir o corazón do Camiño de Santiago.

A inscrición xa se pode realizar de xeito totalmente gratuíto a través da web ata o vindeiro 26 de marzo. A entrega de dorsais terá lugar na mesma xornada da proba a partir das 10.00 horas no pavillón municipal. A saída escolares será ás 11.00 e a absoluta terá lugar a partir das 12.30. pola súa parte, a entrega premios realizarase no pavillón municipal a partir das 13.15 horas.

Trátase dunha proba que conta con cinco categorías de competición. A categoría chupete (2020 e posteriores) será a primeira en saír e recorrerán os 100 metros a partir das 11.00 horas. Seguiranlle a categoría A (2016-2019) que se enfronta a 500 metros, a B (2012-2015) que correrán 800 metros.

Todos os participantes recibirán unha camiseta. No caso da categorías de menores, recibirán ademais unha medalla conmemorativa e un agasallo. Haberá trofeos para os tres primeiros  atletas (masculinos e femininos) de cada categoría. Todos os participantes da modalidade absoluta recibirán un agasallo, ademais o primeiro clasificado farase cunha cesta de produtos típicos da comarca e o segundo e o terceiro recibirán un lote de produtos típicos da comarca. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e premios especiais para o primeiro corredor local.

0.21164894104004