Portomarín compite por ser o pobo gañador da campaña 'Xuntos brillamos máis'
Portomarín é un dos sete pobos finalista para iluminar as súas festas e ser o protagonista do anuncio de Nadal da marca de bombóns que tódolos anos organiza esta campaña de Nadal baixo o título de Xuntos brillamos máis.
Portomarín destaca polo seu encanto, riqueza cultural, gastronomía e o poder de acollida dos seus veciños e este ano compite contra Aínsa (Huesca), Cazalla de la Sierra (Sevilla), Chinchón (Madrid), Mojácar (Almería) e Santillana (Guadalajara). Astorga, co que comparte o vínculo do Camiño de Santiago, será o padriño do pobo galego nesta campaña .
Son numerosos os concellos que mostraron o seu apoio a Portomarín coma Begonte, Friol, Carballido, Monterroso ou Mondoñedo entre outros. As votacións están abertas para todo o mundo a través da seguinte páxina web ata o 30 de novembro e os tres pobos con mais votos pasarán a seguinte fase que contará cunha nova ronda de votacións.
Dende o Club Deportivo Lugo tamén amosan o seu apoio a candidatura e convidan a todos os veciños a asistir ó partido que terá lugar este domingo contra o CD Levante. Ademais dende o Concello están organizando un sorteo dunha fin de semana con aloxamento e pensión completa para dúas persoas ó presentar unha captura de pantalla coa votación por Portomarín.
O presidente da Deputación uniuse tamén a este apoio a Portomarín e considera que “representa a riqueza da nosa terra” e anima a todo a participar na votación para converter por primeira vez a un pobo galego en gañador da campaña Xuntos brillamos mais.