Portomarín contará cun campamento de Nadal
LugoXa
O Concello de Portomarín organizará un campamento de Nadal con distintas actividades (Obradoiros, Manualidades, Xogos…) para axudar na conciliación familiar, polo que este ano se engade unha hora máis.

8 Dec 2023

A solicitude pódese facer dende hoxe ata o 15 de decembro ás 00:00 na sede electrónica ou nas oficinas municipais. Está dirixido á rapazada de 3 a 12 anos. Hai un total de 20 prazas e as sesións serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, entre o 22 de decembro do 2023 ata o 5 de Xaneiro do 2024.
Este terá lugar no pavillón municipal.