Portomarín continúa co traballo no castro de Castromaior
LugoXa
O Concello de Portomarín continúa as reunións de traballo para sacarlle todo o partido ao castro de Castromaior.
20 Maio 2022
O Concello de Portomarín realizou onte unha reunión de traballo no castro de Castromaior. O xacemento, que destaca por ser un dos castros máis interesantes do noroeste da Península Ibérica, pertence á Idade de Ferro.
Na reunión estivo presente tamén o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodrígue, quen se comprometeu á creación dun centro de interpretación do xacemento onde os visitantes poidan “viaxar no tempo” e coñecer, de primeira man, a súa historia.